A oitava edición do programa As Pontes Emprende ten como obxectivo incentivar a creación de novos proxectos empresariais no Concello
A oitava edición deste programa, posto en marcha no 2015, ten como obxectivo fomentar a actividade económica, incentivar a creación de novos proxectos empresariais e dinamizar a pequena e media empresa, ofrecéndolles un apoio para que poidan afrontar o reto de establecerse como traballadores por conta propia ou o da posta en marcha dun proxecto empresarial. Esta achega súmase aos 254.370,03 euros destinados nas edicións anteriores e que permitiron apoiar a 95 emprendedores e xerar máis dun centenar e medio de postos de traballo en sectores como o da agricultura ecolóxica, o comercio, a hostalaría, a construción, a carpintería metálica ou servizos profesionais.