Añadir al Calendario
Cuando:
3 septiembre, 2018 a las 16:00 – 10 septiembre, 2018 a las 20:15
2018-09-03T16:00:00+02:00
2018-09-10T20:15:00+02:00
Donde:
PENDIENTE DE CONFIRMACIÓN
Contacto:
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2018)”de 70 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:
- Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
- Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.
A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante o mes de setembro son:
- Agricultura ecolóxica (22 h)
- Gandería ecolóxica (16 h)
- Xestión sustentable do monte e producións alternativas (22 h)
- Sector ecolóxico: Comercialización, Responsabilidade Social Corporativa e Innovación (10 h)
Os cursos son totalmente gratuítos.